Local H |
---|
|
Orixe | Zion, Illinois, |
---|
Período | 1990 - presente |
---|
Xénero(s) | rock alternativo, post-grunge, hard rock, grunge, punk rock |
---|
Selo(s) discográfico(s) | Island, Palm Pictures, Thick, Studio E, Cleopatra, Shout! Factory, Slimstyle, G&P |
---|
Membros | Scott Lucas Ryan Harding Adam McCaffery Chad Williams |
---|
Antigos membros | Matt Garcia Toby Flescher John Sparkman Joe Daniels Brian St. Clair |
---|
Artistas relacionados | Scott Lucas and the Married Men, Triple Fast Action, Rights of the Accused, A Band Called Horse |
---|
Na rede |
---|
http://www.localh.com |
|
Local H é unha banda estadounidense de rock alternativo formada orixinalmente polo guitarrista e vocalista Scott Lucas, o baixista Matt Garcia, o batería Joe Daniels e o guitarrista John Sparkman en Zion, Illinois. Todos os membros coñecéronse no instituto no ano 1987 e fundaron Local H en 1990.
Tras a marcha de Sparkman en 1991 e de Garcia en 1993, Local H asinou un contrato discográfico con Island Records en 1994 como dúo, selo co que publicarían tres álbums. Fixéronse coñecidos grazas ao seu éxito "Bound for the Floor", un sinxelo do seu álbum de 1996 As Good as Dead que chegou ao número 5 na lista estadounidense Alternative Billboard Chart. O disco As Good As Dead tamén foi certificado ouro. Daniels foi substituído por Brian St. Clair en 1999, e o grupo editou catro álbums e catro EPs con St. Clair na batería. O seu derradeiro concerto con Local H foi en 2013.[1] No mes de novembro dese ano Ryan Harding foi anunciado como novo batería,[2] e a banda publicou o seu último álbum ata a data, Hey, Killer, en 2015.
Segundo a conta do grupo en Twitter, o seu nome procede da combinación de dúas cancións de R.E.M.: "Oddfellows Local 151" e "Swan Swan H".[3]
Discografía
Álbums
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas