Josep Lluís Franco Rabell, nado en Barcelona en 1954, e coñecido como Lluís Rabell, é un tradutor, activista e político catalán.
Traxectoria
Viviu na Ciutat Vella durante os seus primeiros catorce anos de vida, mudándose entón coa súa familia á Esquerra de l'Eixample. Durante dez anos viviu en Francia por traballo, volvendo a Barcelona en 1987 integrándose no asociacionismo veciñal.[1] Militou en Revolta Global e mais en Esquerra Unida i Alternativa.[2][3] Foi presidente da Associació de Veïns de l'Esquerra de l'Eixample e vicepresidente segundo da Federació d'Associacions de Veïns de Barcelona (FAVB), da que foi presidente desde finais de 2012 en substitución de Jordi Bonet ata mediados de 2015 substituído por Ana Menéndez. [4]
Na consulta sobre a independencia de Cataluña de 2014, foi un dos impulsores do manifesto de esquerda polo Si-Si.[5][6] Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015, encabeza a candidatura Catalunya Sí que es Pot, confluencia de Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Podem e Equo.[6]
Notas