Llama M-82 |
---|
|
Orixe | España |
---|
Deseñado | 1982 |
---|
Fabricante | Llama firearms |
---|
Lonxitude | 209 milímetros |
---|
Anchura | 35 milímetros |
---|
Altura | 135 milímetros |
---|
Munición | 9 x 19 mm Parabellum |
---|
[ editar datos en Wikidata ] |
|
Llama M-82 é unha pistola semiautomática desenvolta polo fabricante español Llama - Gabilondo y Cía. S.A. (Vitoria) en 1986. É regulamentaria nas Forzas Armadas de España dende 1988. Número OTAN de Catálogo 1005-33-161-6325.
Descrición
É unha arma de tiro tenso, dedicada á defensa inmediata do persoal. É de dobre acción, con canón é peche móbiles. Funciona aproveitando a enerxía do retroceso causada polo disparo acumulada no resorte recuperador. A ánima ten seis raias a dextrórsum.[1]
A pistola mide 209 milímetros e o canón 114. Pesa 1.100 gramos, 875 gramos con estrutura de aliaxe lixeira. A mira e o punto de mira están fixos.
Emprega munición 9x19 mm OTAN Parabellum. O cargador, de 210 gramos, é de 15 cartuchos, cun peso cada un de 12'15 gramos. A velocidade inicial do proxectil e de 369 m/seg e o seu alcance eficaz é de 50 metros.
Notas
- ↑ O proxectil sae xirando no sentido das agullas do reloxo (dende o punto de vista do tirador).
Véxase tamén
Bibliografía
- Vademecum general de armamento y material en CD, Mando de Apoyo Logístico del Ejército, 2002 (en castelán).
- Revista Ejército de Tierra español; Armamento, material y equipo del Ejercito de Tierra, número extraordinario, xuño de 2004 (en castelán).
Outros artigos
Ligazóns externas