O liñaceiro de bico amarelo[2][3] (Linaria flavirostris, antes Carduelis flavirostris) é un pequeno paseriforme marrón da familia dos pimpíns (Fringillidae).
Descrición
É similar en tamaño ao liñaceiro común, de 13 a 13,5 cm de longo. Carece da mancha vermella na cabeza e peito que teñen o liñaceiro común e os Acanthis (como o liñaceiro paponegro). Ten manchas brancas coa parte superior negra e unha rabadilla rosa. As partes inferiores son de beixes a brancas, con manchas lineares marróns. O bico cónico é amarelo en inverno e gris en verán. A chamada é un distintivo chío e a súa canción comprende rápidos trilos e chíos.[4] Poden formar grandes bandadas fóra da estación reprodutora, ás veces mesturados con outros pimpíns nas costas e marismas salinas. Aliméntanse principalmente de sementes.
Distribución xeográfica
Reprodúcese no norte de Europa e a través de Asia central. En Galicia é unha ave accidental.[5] Os páramos sen árbores son os seus terreos preferidos para reproducirse. Constrúe o seu niño nun arbusto e pon 5 ou 6 ovos azuis claros.[6] É parcialmente residente, pero moitos migran máis ao sur, ou trasládanse ás costas.[7] Diminuíu abruptamente en partes da súa área, notablemente en Irlanda.[8] En Gran Bretaña están en marcha varios proxectos de investigación sobre a especie nos Peninos, as Terras Altas de Escocia e no norte de Gales. Reprodúcese tamén en Noruega.
↑Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
↑BirdWatch.Ireland. "Irish Twite danger". BirdLife Europe. BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 12 August 2014.
↑ 12,012,1Gill, Frank; Donsker, David (eds.). "Finches, euphonias". World Bird List Version 5.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 5 June 2015.
↑ 14,014,1Clement, P. "Twite (Carduelis flavirostris)". En del Hoyo, J; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie, D.A.; de Juana, E. Handbook of the Birds of the World Alive. Lynx Edicions. Consultado o 6 June 2015.