Liáng Shānbó yǔ Zhù Yīngtái (en chinés: 梁山伯與祝英台) é un filme de Hong Kong de 1963 dirixido por Li Han-hsiang. É unha adaptación da historia clásica chinesa "Os amantes bolboreta", e conta a historia do romance entre un home, Liang Shanbo (interpretado pola actriz Ivy Ling Po, que tamén cantou a voz do personaxe) e a muller travestida Zhu Yingtai (interpretada por Betty Loh Ti, con canto dobrado por Tsin Ting).
O filme gañou 6 galardóns na segunda edición do Golden Horse Film Festival en Taiwán, incluíndo o premio a mellor filme. Foi escollido como candidato de Hong Kong ó Óscar ó mellor filme internacional na 36ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]
Personaxes
Notas
- ↑ Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Véxase tamén
Outros artigos