Little Crow (en dakota: Thaóyate Dúta), nado circa 1810 e finado o 3 de xullo e 1863, foi un xefe dos dakota mdewakanton. O seu nome nativo tradúcese como "A súa nación vermella," (Thaóyate Dúta) pero era coñecido como Little Crow ("pequeno corvo") por mor do nome do seu avó, Čhetáŋ Wakhúwa Máni, (literalmente, "Falcón que persegue/caza camiñando") que foi mal traducido.
Little Crow é coñecido polo seu papel na negociación dos Tratados de "Traverse des Sioux" e de Mendota de 1851, nos cales accedeu ó traslado da súa banda dakota á reserva preto do río Minnesota en troques de bens e dereitos. Porén, o goberno estadounidense non cumpriu o seu compromiso de proporcionar comida e bens á tribo, e Little Crow viuse obrigado a apoiar a decisión do consello de guerra dakota en 1862 de expulsar ós brancos de Minnesota. Little Crow participou na guerra dakota de 1862, pero retirouse en setembro de 1862 antes do remate do conflito en decembro dese mesmo ano.
Véxase tamén
Bibliografía
- Anderson, Gary Clayton (1986) Little Crow, spokesman for the Sioux. Saint Paul: Minnesota Historical Society Press.
- Carley, Kenneth (2001) The Dakota War of 1862. Saint Paul: Minnesota Historical Society Press.
- Clodfelter, Michael (1998) The Dakota War: The United States Army Versus the Sioux, 1862-1865. Jefferson, N.C.: McFarland.
- Mayer, Frank Blackwell (1986) With Pen and Pencil on the Frontier in 1851. Saint Paul: Minnesota Historical Society Press. ISBN 0-87351-195-6.
- Nix, Jacob (1994) The Sioux Uprising in Minnesota, 1862: Jacob Nix's Eyewitness History. Gretchen Steinhauser, Don Heinrich Tolzmann & Eberhard Reichmann, trans. Don Heinrich Tolzmann, ed. Indianapolis: Max Kade German-American Center, Indiana University-Purdue University at Indianapolis and Indiana German Heritage Society, Inc.
- Schultz, Duane (1992) Over the Earth I Come: The Great Sioux Uprising of 1862. Nova York: St. Martin's Press.
- Swain, Gwenyth (2004) Little Crow: Leader of the Dakota. Saint Paul, MN, Borealis Books.
- Tolzmann, Don Heinrich, ed. (2002) German pioneer accounts of the great Sioux Uprising of 1862. Milford, Ohio: Little Miami Pub. Co.