O presidente de Filipinas é o xefe de Estado e xefe de goberno de Filipinas.
Segundo a Constitución de Filipinas de 1987, o presidente do país é elixido polo pobo para un único período de 6 anos.[3] Esta é a lista de presidentes de Filipinas dende a independencia do país ata hoxe.
Lista
Antes da Primeira República
Durante a colonización española, as illas formaban a Capitanía xeneral de Filipinas. A monarquía española estaba representada polo Gobernador Xeral de 1565 a 1898. España cedeu todas as súas restantes posesións, incluída Filipinas, ao final da guerra hispano-estadounidense a través do Tratado de París.
1899–1901: Primeira República (República de Malolos)
A Primeira República Filipina inaugurouse o 23 de xaneiro de 1899 en Malolos e rematou o 23 de marzo de 1901 cando o presidente Emilio Aguinaldo foi capturado polos estadounidenses en Palanan.
Os americanos xa comezaran a controlar as zonas non controladas pola Primeira República despois da cesión española. O presidente dos Estados Unidos estivo representado primeiro por gobernadores militares e despois por gobernadores xerais civís ata 1935.
1935-1946: Mancomunidade
A Mancomunidade Filipina creouse o 15 de novembro de 1935 en Manila e rematou coa independencia de Filipinas o 4 de xullo de 1946. Tras a invasión xaponesa de Filipinas no transcurso da Segunda guerra mundial, o goberno da Mancomunidade exiliouse nos Estados Unidos e existiu de xeito paralelo ao goberno da Segunda República, controlado polos xaponeses.
1943-1945: Segunda República
A Segunda República proclamouse o 14 de outubro de 1943 en Manila e rematou cando o presidente José Paciano Laurel a disolveu o 17 de agosto de 1945, en Toquio. Era un goberno marioneta colocado polo imperio xaponés tras a súa invasión do país durante a Segunda guerra mundial. O goberno da Mancomunidade continuou existindo no exilio, polo que nese momento había dous presidentes simultáneos.
1946-1972: Terceira República
A Terceira República comezou cando os americanos concederon a independencia a Filipinas o 4 de xullo de 1946 e rematou coa imposición da lei marcial polo presidente
Ferdinand Marcos o 21 de setembro de 1972.
1972-1987: Lei marcial e Cuarta República
O presidente Ferdinand Marcos gobernou por decreto despois de declarar a lei marcial o 23 de setembro de 1972. Inaugurou a "Nova Sociedade" despois de que se ratificase unha nova constitución o 17 de xaneiro de 1973. Declarou a Cuarta República o 17 de xaneiro de 1981, tras levantar a lei marcial.
1987-presente: Quinta República
A presidenta Corazón Aquino inaugurou a Quinta República despois de que a actual constitución fose ratificada. O plebiscito tivo lugar o 2 de febreiro de 1987.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos