As Estrelas Brillantes sono porque teñen luminosidades altas e/ou están preto do noso sistema solar. Debaixo poderás atopa-las 91 estrelas máis brillantes vistas dende a Terra en lonxitudes de onda visibles e para magnitudes menores de 2,50. O número de estrelas ascende rapidamente conforme a magnitude é incrementada [1], así pois a lista podería ser máis longa. O mapa do firmamento foi trazado totalmente para magnitudes inferiores a 11 dentro das lonxitudes de onda visibles, e hoxe en día continúan as exploracións, atopando cada día obxectos máis febles.
Para pór en comparación, obxectos do noso Sistema Solar que teñen magnitudes iguais ou por debaixo 2,50 en lonxitudes de onda visibles son a Lúa (−12,9), Venus (−4,6), Xúpiter (−2,9), Marte (−2,9), Mercurio (−1,9), e Saturno (−0,2).
A orde exacta da lista destas estrelas non esta totalmente definida polas seguintes razóns:
- As estrelas múltiples están listadas individualmente cando estas teñen unha diferenza igual ou menor de cinco. Outras listas amosan a magnitude combinada de tódalas compoñentes do sistema estelar en cuestión. Por exemplo, a magnitude combinada para Alpha Centauri sería −0.27 (3ª), Capella sería 0.08 (6ª), e Acrux sería 0.77 (13ª).
- Hai algunhas variacións estadísticas nos valores medidos.
- Algunhas estrelas son actualmente estrelas variables (indicado con var).
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas