Lionor de Portugal, nada en Torres Vedras o 18 de setembro de 1434 e morta en Wiener Neustadt o 3 de setembro de 1467, foi unha infanta portuguesa, filla do rei Duarte de Portugal e da súa esposa Lionor de Aragón.
Traxectoria
En 1451 celebrou esponsais con Frederico III de Habsburgo, tendo o seu elevado dote contribuído grandemente para o alivio dos problemas financeiros do emperador alemán.
Do casamento naceron cinco fillos, entre os cales destacan Maximiliano I de Habsburgo, que o sucedeu no trono, sendo por tanto avoa do emperador Carlos V de Habsburgo e Cunegunda (1465-1520), que casaría con Alberte IV, Duque da Baviera.
Lionor faleceu en Wiener Neustadt, ficando sepultada no mosteiro da Orde de Císter desa cidade.