Lino José Pazos Pérez, nado en Pontevedra o 1 de xaneiro de 1950, é un historiador galego.
Traxectoria
Grande coñecedor do medio marítimo, é autor especializado en temas relacionados co mar. Combina interese pola xeografía das costas galegas coa historia dos faros, de naufraxios e temas asociados.[1][2] Con máis de 100 artigos en prensa e exposicións fotográficas, ducias de palestras... case sempre relacionados co mar.[3][4] Traballou para que Bueu puidera contar co Museo Massó.[5]
Publicou a maioría das súas obras en Daramé Ed. de Antonia Pedrosa Taboada.
Foi presidente da Asociación cultural-gastronómica PiñeirÓns.[6]
Obras
Galego
Libros colectivos
- Os barcos do exilio (2015). Revista Casa da Gramática, de Noia.[7]
Castelán
Libros colectivos
- Los desconocidos precursores españoles de la navegación submarina (2013). Pontevedra: Damaré Ed. 253 páxs. ISBN 978-84-940686-1-4.
Premios e recoñecementos
- Mención Especial do Premio Virgen del Carmen que concede o Instituto de Historia y Cultura Naval, por "Los desconocidos precursores españoles de la navegación submarina". Xuño 2014.
- Recoñecemento como navalista pola Navieira “Amare Marín”, con entrega dunha imaxe de bronce da Virxe do Carme. Xullo 2014.
Notas