Lingui, les liens sacrés[1] é un filme de 2021 escrito e dirixido por Mahamat Saleh Haroun.[2] É unha coprodución internacional entre o Chad, Francia, Alemaña e Bélxica. En xuño de 2021, o filme foi escollido para competir pola Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2021.[3][4] Foi escollido como candidato do Chad para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 94ª edición dos premios,[5] mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
Nos arredores de Xamena, no Chad, Amina vive soa coa súa única filla Maria, de 15 anos de idade. O seu mundo xa fráxil derrúbase o día en que descobre que a súa filla está embarazada. A adolescente non quere este embarazo. Nun país onde o aborto non só está condenado pola relixión, senón tamén pola lei, Amina atópase ante unha batalla que parece perdida de antemán.
Personaxes
- Achouackh Abakar Souleymane como Amina
- Rihane Khalil Alio como Maria
- Youssouf Djaoro como Brahim
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas