A linguaxe científica é unha aplicación do sistema codificado da linguaxe humana en continua oposición coa linguaxe empregada noutros rexistros formais (linguaxe literaria) e cos rexistros informais.
A linguaxe da ciencia e a linguaxe da literatura
É doado distinguir entre a linguaxe da ciencia e a linguaxe da literatura. A linguaxe científica ideal é puramente denotativa, cousa que se observa claramente no feito de que a terminoloxía careza de plano do contido, é unha linguaxe universal. Mentres tanto, a linguaxe literaria é connotativa e dista moito de ser soamente designativa.
Por outra banda, na linguaxe literaria faise fincapé no signo mediante técnicas coma a aliteración, a paronomasia etc. Na científica é crucial a representación da realidade extralingüística.
Criterio de oposición
|
LINGUAXE LITERARIA
|
LINGUAXE CIENTÍFICA
|
ESPÍRITO
|
Creativo
|
Totalmente pragmático
|
OBXECTO
|
As dúas caras do signo lingüístico
|
A realidade
|
CARÁCTER
|
Connotativo
|
Denotativo
|
IDEAL
|
Linguaxe expresiva
|
Linguaxe universal
|
DIMENSIÓN
|
Estética, expresiva
|
Representativa
|
PRODUTO
|
É +/- subxectivo e simbólico
|
Obxectivo e designativo
|
O profesor Luís Daviña Facal, entre outros científicos como Manuel-Luís Casalderrey, leva tempo reclamando a atención de lingüistas e científicos sobre o uso irregular do léxico científico, moitas veces utilizado de forma incorrecta ou imprecisa por uns (que descoñecen os aspectos técnicos) e por outros (que descoñecen os aspectos lingüísticos).
Véxase tamén
Bibliografía
- Daviña Facal, L. (1993): Problemas do léxico científico. Algunhas propostas de solucións. Santiago de compostela: Ed. do autor coa axuda da Dirección Xeral de Política Lingüística. ISBN 84-604-7124-1.
- — (1999): Lingua e ciencia. Vigo: Edición Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-355-5.
- — (2003): "O tratamento do léxico científico e tecnolóxico nos diccionarios galegos", en Álvarez de la Granja, María e González Seoane, Ernesto Xosé (eds.): A estandarización do léxico. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega, pp. 447-473.
Outros artigos
Ligazóns externas