Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A lingua tai nuea ou tai nüa (en chinés: 傣那语; Dǎinàyǔ; tailandés: ภาษาไทเหนือ), tamén chamada dehong tai (chinés: 德宏傣语, Déhóng Dǎiyǔ; tailandés: ภาษาไทใต้คง, ou chinés shan) é unha das linguas faladas polo pobo dai na China, especialmente na prefectura autónoma dai e jingpo de Dehong no suroeste da provincia de Yunnan. Está estreitamente relacionada con outras linguas tai e podería considerarse un dialecto da lingua shan. Os falantes desta lingua ao outro lado da fronteira en Myanmar son coñecidos como shan.
Uso da lingua
O tai nuea ten status oficial nalgunhas partes de Yunnan (China), onde se usa en sinais e na educación. A estación de radio do pobo de Yunnan (Yúnnán rénmín guǎngbō diàntái 云南人民广播电台) emite en tai nuea. Por outra banda, na China publícase moi pouco material impreso en tai nuea. Porén, moitos sinais de estradas e tendas en Mangshi están en tai nuea.
En Tailandia, publicouse unha colección de 108 proverbios con traducións ao tailandés e ao inglés.[2]
Teekhachunhatean, Roong-a-roon รุ่งอรุณ ทีฆชุณหเถียร (2000). "Reflections on Tai Dehong Society from Language Point of View". Phaasaa Lae Phaasaasart / Journal of Language and Linguistics(en inglés)18 (2): 71–82.