O svanuri[1] (en svanuri: ლუშნუ ნინ lušnu nin; en xeorxiano: სვანური ენა svanuri ena) é unha lingua kartveliana falada no oeste de Xeorxia polo pobo svanuri.[2][3] As estimacións do número de falantes varían moito, entre os 30 000 e os 80 000, e a UNESCO considéraa "definitivamente ameazada".[4] É especialmente interesante xa que retivo numerosos trazos arcaicos que se perderon noutras linguas kartvelianas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía