Debido ás grandes semellanzas entre a lingua minangkabau e o malaio, existe controversia sobre da relación entre ambas. Algúns consideran o minangkabau como un dialecto do malaio, mentres que outros consíderana como unha lingua de seu.
Malaisia
Ademais de Indonesia, o minangkabau é falado tamén en Malaisia por algúns descendentes de inmigrantes das rexións que falan esta lingua en Sumatra (Ranah Minang, Tanah Minang, o a Terra do Minang). Un significativo número dos primeiros inmigrantes establecéronse no que hoxe é o estado malaio de Negeri Sembilan; este dialecto de Negeri Sembilan é coñecido como Bahaso Nogori ou Baso Nogoghi. Os inmigrantes máis recentes son coñecidos como minang.
Dialectos
A lingua minangkabau ten varios dialectos, que algunhas veces difiren entre localidades achegadas (por exemplo, separadas por un río). Os dialectos son: Rao Mapat Tunggul, Muaro Sungai Lolo, Payakumbuh, Pangkalan-Lubuk Alai, Agam-Tanah Datar, Pancungsoal, Kotobaru, Sungai Bendung Air e Karanganyar.[3] Na comunicación diaria entre os minangkabau de diferentes rexioóns, o dialecto Agam-Tanah Datar (Baso Padang ou Baso Urang Awak, «a lingua do noso pobo») é empregada acotío e converteuse nunha sorte de lingua estándar.
A lingua tapan, falada na vila de Tapan, no sur da provincia de Sumatra Occidental, é unha lingua malaia recentemente descuberta que foi proposta como relacionada co minangkabau. Xuntas, o tapan e o minangkabau poderían formar o gran subgrupo minangkabau.[4]