O madurés[2] (en madurés: Bhâsa Madhurâ; en carakan: ꦧꦱꦴꦩꦝꦸꦫꦴ; en pegon: بَهاسَ مَدورا) é unha lingua malaio-polinesia falada polo pobo madurés que habita na illa Madura e en Xava oriental, en Indonesia. Tamén é falada nas pequenas illas Kangean e Sapudi, así como polos migrantes madureses noutras partes de Indonesia. A variedade de Kangean pode ser considerada como unha lingua diferente. Tradicionalmente foi escrita en alfabeto xavanés, mais o alfabeto latino e a escrita pegon (baseado no alfabeto árabe) son máis comúns no presente. O número de falantes, aínda que diminuíu nos últimos anos, estímase en 8 ou 13 millóns de persoas, sendo unha das linguas máis faladas do país.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía