Lingua litúrxica

Unha lingua litúrxica é unha lingua empregada polos crentes dunha relixión no curso das súas cerimonias relixiosas. Considérase que ten un valor relixioso superior á lingua cotiá. Non todas as relixións teñen unha lingua litúrxica.

Úsase sobre todo o termo de «lingua litúrxica» cando a lingua relixiosa é diferente da lingua vernácula. Ás veces, os crentes non comprenden a lingua litúrxica da súa relixión.

Esta pode ter varias orixes, e en particular:

  • unha orixe xeográfica diferente: é a lingua do grupo que desenvolveu inicialmente a relixión en cuestión.
  • unha orixe histórica: é a lingua falada na época na que a relixión en cuestión se desenvolveu inicialmente.

Estas dúas orixes non se exclúen entre si.

Exemplos

Véxase tamén

Outros artigos