A lingua archi é unha lingua caucásica nororiental falada polo pobo archi que habita na vila de Archib, no sur de Daguestán, Rusia, e noutras seis vilas máis pequenas.
É infrecuente polos seus numerosos fonemas e polo contraste entre as varias fricativas laterais velares xordas, /ʟ̝̊, ʟ̝̊ʷ, ʟ̝̊ː, ʟ̝̊ːʷ/, africadas laterais velares xordas e africadas laterais velares exectivas, /k͡ʟ̝̊, k͡ʟ̝̊ʷ, k͡ʟ̝̊ʼ, k͡ʟ̝̊ʷʼ/, e unha forma fricativa velar lateral sonora, /ʟ̝/. É unha lingua ergativa con catro clases de substantivos[1] e ten un salientable sistema morfolóxico con enormes paradigmas e irregularidades en tódolos niveis.[2] Matematicamente, existen 1 502 839 formas posibles que poden derivar dunha única raíz verbal.[3]
Notas