Lina M. Khan, nada en Londres en 1989, é unha xurista estadounidense especializada en dereito antimonopolio e da competencia nos Estados Unidos. É profesora asociada de Dereito na Columbia Law School. O 22 de marzo de 2021, o presidente Joe Biden anunciou que a nomeaba para ser comisionada da Comisión Federal de Comercio, un cargo que require a confirmación do Senado.[1][2][3]
Traxectoria
Lina Khan de pais paquistanís, trasladouse con eles aos Estados Unidos cando tiña 11 anos. Graduouse no Williams College en 2010, onde escribiu a súa tese sobre Hannah Arendt. Tamén foi editora do xornal estudantil de Williams. Despois de graduarse, foi traballar á New America Foundation, onde realizou investigacións antimonopolio e escribiu para o Programa de Mercados Abertos. En 2017 licenciouse en Dereito pola Facultade de Dereito de Yale, onde foi editora da revista Yale Journal on Regulation.[4]
O paradoxo antimonopolio de Amazon
Sendo aínda estudante de Dereito na Universidade Yale, converteuse nunha figura pública en 2017 cando o seu artigo no Yale Law Journal, "Amazon's Antitrust Paradox", tivo un impacto significativo nos círculos xurídicos e empresariais estadounidenses. O New York Times describiuno como "unha reformulación de décadas de dereito dos monopolios".[4]
Dende o seu posto como directora da Comisión Federal de Comercio dos EE.UU. defende os intereses das persoas consumidoras e loita contra o monopolio das tecnolóxicas.[5] [6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas