Ligeia Mare

Ligeia Mare
Mapa do Ligeia Mare feito por un cartógrafo afeccionado.
Tipo de accidente xeolóxico Mare
Accidente xeolóxico de Titán
Diámetro ~500 km
Superficie 100.000 km2[1]
Coordenadas 79° N 248° O
Procedencia do nome Ligeia, unha serea da mitoloxía grega.

Ligeia Mare é un lago composto de hidrocarburos líquidos (principalmente metano) da lúa de Saturno, Titán, está situado a 79,0° N 248,0° O.

Características

Ten un diámetro do redor de 500 km e cunha superficie de ~100.000 km2, extensión superior a do Lago Superior (que conta con 82.000 km2).[1] O seu nome provén de Ligeia, unha serea da mitoloxía grega.

Comparación entre o tamaño de Ligeia e o Lago Superior da Terra.

Ligeia Mare é o principal destino para amenizar da misión chamada TiME, a cal podería tentar navegar neste lago.[2][3]

Imaxe dos lagos do polo norte de Titán. Podemos ver ó completo e cara a esquina inferior dereita o Ligeia Mare, á súa esquerda e atravesado por unha parte do mapa en branco, podemos ve-lo Kraken Mare coa súa grande illa do norte, a Mayda Insula, máis o norte (case sobre o polo) podemos ver parte do Punga Mare.

Notas

  1. 1,0 1,1 JPL, ed. (30-12-2009). "Scientists Explain Puzzling Lake Asymmetry on Titan" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04-05-2010. Consultado o 23/04/2010. 
  2. Ellen Stofan (25-08-2009). "Titan Mare Explorer (TiME): The First Exploration of an Extra-Terrestrial Sea" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24-10-2009. Consultado o 23-04-2010. 
  3. Let's go sailing on lakes of Titan! Arquivado 10 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (1 de novembro do 2009)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas