O ligamento interclavicular ou interarticular é un ligamento do membro superior humano, pertencente á articulación esternoclavicular. Insírese en ambas clavículas, facendo un arco descendente. Na parte máis inferior insírese no bordo superior do manubro esternal.
Por diante ten o músculo esternocleidomastoideo e por detrás o músculo esternotiroide.
Véxase tamén
Bibliografía
- Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.