É un paxaro delgado cunha cola longa. As partes externas son pardas, a testa é algo abrancazada e o peteiro é gris. O macho no verán ten a caluga gris, parches vermellos na testa e peito vermello.
As femias e os exemplares novos non teñen o vermello e debaixo teñen branco, co papo moi lustroso. O canto ten trilos rápidos e píos. Ás veces pódeselles atopar centenares de millas dentro do mar.[4] O seu nome científico vén polo seu agarimo ao Cannabis.
Distribución
A ave procrea en Europa, oeste de Asia, norte de África. É parcialmente residente, aínda que moitos paxaros do leste e do norte migran máis ao sur ou se mudan ás costas.
Terras abertas con sebes favorecen a cría. Constrúe os seus niños nunha mata, pondo 4 a 7 ovos. Pode voar en grandes flocos fóra da estación de procreación, ás veces mesturada con outros frinxílidos, tales como Linaria flavirostris, nas costas. Aliméntase de sementes.
O liñaceiro común está na Lista vermella IUCN marcada como en risco, e listada no Reino UnidoBiodiversity Action Plan como de prioridade. As poboacións británicas declinan, atribuído ao incremento do uso de herbicidas, para abater matogueiras agresivas. Na Península Ibérica é moi abondoso.