O letrismo foi un movementopoéticode vangarda. O seu creador, o poeta romanésIsidore Isou, publicou en 1945 un manifesto, no que traballara desde 1942, no que propugnaba un novo tipo de poesía atento só ao valor sonoro das palabras, non ao seu significado. Este manifesto comezou a circular no seu país natal, chegando máis tarde a París, onde o letrismo vería o seu maior desenvolvemento.[1]
Historia
Terminoloxía
O termo fai referencia á importancia das letras e os fonemas máis que á súa semántica. Tamén é empregado en referencia á rotulación de letras.[2]
Referencias e desenvolvemento
O letrismo foi unha continuación de movementos artísticos anteriores, como o futurismo ruso, o futurismo italiano e o dadaísmo. Os seus cultistas crearon construcións sonoras nas que só se tiña en conta o valor estético das palabras, sílabas ou mesmo onomatopeas sen valor imitativo, achegando así a poesía á música. Máis tarde, os cultistas do letrismo intentaron que o seu movemento abarcase todas as artes.