Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Lestón.
San Martiño de Lestón é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 1.290 habitantes (657 mulleres e 633 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.169 habitantes. En 2004 tiña 1.187 habitantes (600 mulleres e 587 homes).
Patrimonio
Na parroquia están o castro de Lestón e o castro de Erboedo.
Feiras
Destaca a Feira de Paiosaco, na que se comercializa un variado abano de produtos agrícolas, cárnicos, téxtiles, pan... e os famosos queixos do país.
Lugares e parroquias
Lugares de Lestón
Parroquias da Laracha
Notas
Véxase tamén
Outros artigos