Les Merveilles de Rigomer

Les Merveilles de Rigomer
Autor/aJehan
OrixeFrancia
LinguaFrancés
Xénero(s)Novela en verso
Data de pub.século XIIIxuliano
editar datos en Wikidata ]

Les Merveilles de Rigomer é unha novela anónima francesa composta en verso cara ao ano 1250. A novela retoma a materia de Bretaña.

Autoría

Non se coñece a identidade do autor, mais de acordo ao propio texto (verso 1 e 6430) chámase Jehan. Tamén deduciuse o labor dun remanieur, que engadiría as partes protagonizadas por Lanzarote e o rei Artur.[1]

Estrutura

En xeral a novela pode dividirse en tres partes.

Parte 1 (v. 1-6402): Unha doncela chega á corte do rei Artur e propón aos seus cabaleiros venceren os encantamentos do castelo de Rigomer, en Irlanda, onde os cabaleiros fican atrapados baixo diversos encantamentos. Lanzarote supera varias probas ata chegar a Rigomer. Alí resulta enfeitizado por unha lanza e un anelo máxicos e convértese en cociñeiro do castelo.

Parte 2 (v. 6403-14776): Galván e cincuenta e sete cabaleiros marchan a liberaren a Lanzarote e atravesan diversas aventuras ata conseguilo.

Parte 3 (v. 14777-15916): Galván, quen como vencedor dos encantamentos de Rigomer debese casar con Dionise, a señora do lugar, declina facelo e promete buscarlle un marido na corte de Artur.

Finalmente engádese un relato onde recomezan as aventuras cando Artur volve a partir con Lanzarote (v. 15917-17271) mais finalmente a narración fica truncada.[2]

Fontes

A novela ten unha clara dependencia da obra de Chrétien de Troyes. Amais, a partida de cabaleiros á procura das marabillas de Rigomer reproduce o grupo de cabaleiros que parte á busca do Graal no ciclo da Vulgata Lanzarote-Graal[3] e o episodio final protagonizado por Artur reproduce o diálogo entre Carlomagno e a súa esposa na Peregrinación de Carlomagno.[4]

Notas

  1. Santiago López Marínez-Morás. Los tres héroes de Les Merveilles de Rigomer, en Iucundi acti labores: estudios en homenaje a Dulce Estefanía Álvarez, editados por Teresa Amado Rodríguez. Universidade de Santiago de Compostela. 2004. ISBN 84-9750-374-0. P. 328-334
  2. Christine Ferlampin-Acher, « La Table Ronde dans Les Merveilles de Rigomer », Cahiers de recherches médiévales [En liña], 14 | 2007, posto en liña o 15 decembro de 2010, consultado o 12 de outubro de 2012. URL : http:// crm.revues.org/2652
  3. Santiago López Marínez-Morás. Op. cit. P. 329. Citando a Thomas 1996: 162.
  4. Santiago López Martínez-Morás. Op. cit. P. 332. Citando a Carapezza 2001: 196 e ss.