O Lancelot-Graal (tamén chamado Lancelot en prosa, Ciclo da Vulgata ou Ciclo de Pseudo-Map) é unha importante fonte literaria de lendas artúricas, escrita orixinalmente en francés. Consiste nunha serie de cinco volumes en prosa que contan a historia da busca do Santo Graal e o romance entre o cabaleiro Lanzarote do Lago e a raíña Xenevra.
Historia e características
A pesar de os manuscritos do ciclo apuntaren a Walter Map (1140-c.1210) como autor, iso non se considera posíbel actualmente, unha vez que ese escritor morreu cedo demais para ser o verdadeiro autor. Os libros escribíronse no século XIII, entre as décadas de 1210 e 1230.
O Ciclo do Lancelot-Graal é unha prosificacilón que utiliza elementos de antigos romances en verso que popularizaron as historias artúricas, especialmente os do escritor francés Robert de Boron. De maneira xeral, o Lancelot-Graal combinaba historias de carácter mitolóxico coa fe cristiá.
O Ciclo está composto polos seguintes títulos:
- Historia do Santo Graal: narra como Xosé de Arimateia trouxo o Graal á Gran Bretaña.
- Merlín: conta a historia do mago Merlín e as primeiras aventuras de Artur.
- O Libro de Lancelot do Lago: é a maior sección, abarcando cerca de metade do ciclo. Conta as aventuras de Lanzarote do Lago xunto a outros cabaleiros da táboa redonda e o romance con Xenevra.
- A Demanda do Santo Graal: narra a busca do Graal e o seu encontro por Galahaz.
- A Morte do Rei Artur: sobre a morte de Artur por seu fillo Morderet e o colapso do reino.
O Lancelot-Graal foi logo seguido por outra prosificación, chamada hoxe Ciclo da Pos-Vulgata, baseado na Vulgata mais con varias diferenzas importantes nos personaxes e historias.
Véxase tamén
Bibliografía
- Lacy, Norris J. (Ed.) (2000). The Lancelot-Grail Reader. Nova York: Garland. ISBN 0-8153-3419-2
- Kennedy, Elspeth (1986). Lancelot and the Grail: A Study of the Prose Lancelot. Clarendon Press.
- Kennedy, Elspeth (1980). Lancelot Do Lac, the Non-Cyclic Old French Prose Romance, Two Volumes. Oxford.
- La muerte del Rey Artur (1980). Tradución de La Mort le Roi Artu, Editorial Conde de Siruela, Madrid. 31.5x44 cm, 166 px + índices, ilustrado con 56 debuxos de Suzanne Grauje.
Outros artigos
Ligazóns externas