Les Enfoirés é o nome que recibe dende 1986 unha gala con artistas e personalidades públicas (principalmente francoparlantes) que busca obter fondos para a asociación Les Restos du Cœur (Restaurantes do corazón, en galego), cuxo fin é a distribución gratuíta de alimentos ás clases de menor poder adquisitivo.
Historia
En xaneiro de 1986, Coluche (Michel Gérard Joseph Colucci), que fundara uns meses antes a asociación Les Restos du Cœur, xuntou nun estudio de televisión numerosos artistas, personaxes públicos e políticos para a promoción da asociación e das súas accións.
Jean-Jacques Goldman compuxo a La Chanson des Restos que interpretaron varias destas personalidades. Aquí comezou les Enfoirés.
En decembro de 1986, a petición de Véronique Colucci, a súa viúva, xuntáronse outra vez estes artistas nun plató para unha nova edición televisiva.
Co transcurso dos anos, o acto converteuse nun concerto recompilación de máis de corenta artistas e personaxes célebres de todo o mundo.
Os beneficios de les Enfoirés (concertos, CD, DVD etc) son enviados á asociación Les Restos du Cœur.
Cantantes, Actores e Humoristas que participaron
Ligazóns externas
Bibliografía
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Non participou no espectáculo gravado (pero si na xira ou noutros concertos non gravados).
- ↑ Participou en dúas cancións e fixo cámaras ocultas.
- ↑ Ausente no espectáculo pero presente no videoclip da canción Aimer à perdre la raison.
- ↑ Non puido estar presente no espectáculo pero apareceu nun video con Garou e Jenifer.
- ↑ Soamente na versión en CD.