A Legio VIIGemina (Sétima lexión «xemelga») foi unha lexión romana, creada polo emperador Galba en Clunia (Burgos) cando foi proclamado emperador polas súas tropas en contra de Nerón no ano 68.
Esta lexión, nada como Legio VII Galbiana, serviulle para completar os efectivos da Legio VI Victrix e obter así un exército que lle permitise converterse en emperador.[2]
A cidade de León creceu ao redor do lugar onde estaba asentada a LegioVI Victrix até 69, substituída pola LegioVII Gemina en 74 procedente de Pannonia, sendo o nome de León unha evolución do termo Legio (máis exactamente do seu acusativo Legionem), xa que a actual cidade de León naceu como asentamento de lexións romanas.
Historia
O 10 de xuño do ano 68, Galba creou a Legio VII co fin de reforzar o seu escaso exército na súa aventura de golpe de estado e destitución do emperador Nerón. A lexión saqueou Roma, ademais de levar a cabo outras operacións.[3] Tras o asasinato de Galba declarouse partidaria do emperador Otón, participando xunto a el no seu enfrontamento con Vitelio, contra cuxo exército combateu na primeira batalla de Bedriacum, na que foi vencida.
Vitelio, unha vez obtida a púrpura, mantivo a Lexión en Italia, onde, como moitas outras unidades que apoiaran a Otón, se declarou partidaria de Vespasiano, quen, unha vez derrotado Vitelio e asegurado no trono, procedeu a refundir os minguados efectivos da VII Galbiana cos restos doutra lexión, posibelmente os da disolta Legio I Germanica, que se pasara ao Imperio Gálico durante a revolta de Civilis, para formar a Legio VII Gemina Felix.[4]
A nova unidade foi enviada a Pannonia, para reforzar a gornición dunha fronteira que resultara debilitada polas perdas sufridas polas súas unidades durante a segunda batalla de Bedríacum.
Hispania: 74–192
No ano 74, o emperador Vespasiano decidiu o traslado da Legio VII Gemina Felix á provincia Hispania Tarraconensis, asentándoa no antigo campamento da Legio VI Victrix en Legio, a actual León, onde permanecería até o final da presenza romana en Hispania, de maneira que, xunto coas súas unidades auxiliares, formaba a única gornición de toda a Península Ibérica, permanecendo na mencionada provincia Tarraconensis. Existe a teoría de que a causa do establecemento da Sétima Xémina en León foi para protexer as minas de ouro das Médulas (onde chegaron a traballar 80.000 persoas), e tamén, e principalmente, para controlar a ástures e cántabros.
No ano 89, baixo Domiciano, cando a unidade estaba dirixida polo futuro emperador Traxano, trasladouse até Germania Inferior para colaborar na represión da revolta de L. Antonio Saturnino, aínda que, a pesar de realizar unha marcha forzada de tan só un mes, chegou tarde e non puido participar na supresión desta revolta, polo que non obtivo os epítetos de Pia Fidelis Domitiana, asignados ás lexións e unidades auxiliares que si participaron efectivamente nesta operación.
Pouco despois, por orde de Domiciano, enviou unha vexillatio aos Agri Decumates, recentemente incorporados ao Imperio, colaborando na construción do sistema defensivo do novo limes e das vías de comunicación locais.
Baixo Marco Aurelio, combateu contra eses Mauri na Bética nos anos 171, asentando os seus reais en Itálica, e novamente en 174–175, aínda que a súa participación nesta campaña, dirixida cara á Mauretania Tingitana, non é segura.[5]
Con todo, o seu labor fundamental foi o de colaborar coa administración imperial de Hispania, para o que mantivo destacamentos nas zonas de minas de ouro do Bierzo, Lugo, Salamanca e o Norte de Portugal, facilitou escolta e burócratas aos gobernadores provinciais e os procuradores ecuestres, e, en xeral, encargouse de manter a orde nas tres provincias hispanas. Así, proporcionou persoal ao portorium de Tritium Magallum (Tricio, A Rioxa), ao de Lucus Augusti (Lugo), e á statio de Segisama (Sasamón, Burgos).
A finais do século II, proclamouse partidaria de Clodio Albino e despois de Septimio Severo, que lle outorgou o epíteto de Pia en 196, pasando a chamarse Legio VII Gemina FelixPia.
As figlinae en materiais de construción do castra de Legio indican que a lexión foi fiel a Carracalla —Leg VII Gem F.P. Antoninianae—, a Alexandre Severo —Leg VII Gem F.P. Severiana—, e a Gordiano III —Leg VII Gem F.P. Gordianae—.
Baixo Aureliano, un destacamento da unidade foi enviado a Oriente para esmagar o Imperio de Palmira, permanecendo desde ese momento na zona.
No século IV, o mencionado destacamento foi integrado no exército de manobra de Oriente e destruído na batalla de Adrianópole, mentres que a unidade de Hispania foi transformada en unidade limitanei. A principios do século V, nos turbulentos anos da usurpación de Constantino III contra Honorio, non lle resultou difícil a Constantino gañar para a súa causa ás provincias hispanas. Con todo, no norte da Península dous curmáns de Honorio, Dídimo e Veriniano mantiveron ao groso das tropas fieis á súa causa ata que foron derrotados por César Constante, fillo de Constantino, e o xeneral Xeroncio á fronte de tropas romanas das Galias e auxiliares bárbaros chamados "honoriaci" nalgún punto da meseta norte próximo a Palencia. Desde entón non volve terse noticia algunha da Legio VII e demais forzas auxiliares de gornición no norte.
Escolma de inscricións que conteñen membros deste corpo lexionario
Inscrición procedente de 'Augusta Emerita (Mérida, Badaxoz, España) erixida en honra de Gaio Valerio Soldo, veterano do século II da Legio VII Gemina, polos seus herdeiros.
Epitafio de L. Valerius Reburrinus, frumentarius da VII Gemina destacado en Tarraco baixo Septimio Severo.
Restos da muralla altoimperial do castra legionis VII Geminae en León.
O legadoL. Attius Macro dedicou esta ara votiva ao Genius da Legio VII Gemina na súa castra de Legio.
Notas
↑ A. García y Bellido, La Legio VII Gemina Pia Felix y los origenes de la ciudad de León - "El apelativo 'Gemina' no alude a los Dióscuros ni al mes de su creación (junio), sino que como en otros tantos casos (legiones X, XIII, XIIII y varios cuerpos auxiliares) no significa más que 'doble', compuesta de dos (legiones). La aparición de los dióscuros en las lápidas de Villalís se explica por que eran divinidades vinculadas al ejército romano. Además en las lápidas de Villalís aparecen otros signos, sin más relación, como el ancla o el timón".
↑Suetonio, Vit. Galb. 10, 2: Dein iustitio indicto, e plebe quidem provinciae legiones et auxilia conscripsit super exercitum veterem unius legionis duarumque alarum et cohortium trium; at e primoribus prudentia atque aetate praestantibus vel instar senatus, ad quos de maiore re quotiens opus esset referretur, instituit. Tradución: Engadiu logo que estaba interrompido o curso da xustiza e recrutou entre o pobo da súa provincia lexións e tropas auxiliares para reforzar o seu exército, que soamente constaba dunha lexión, dúas ás de cabalaría e tres cohortes. Fundou unha especie de Senado composto de anciáns de gran experiencia para deliberar con eles, en ocasións, acerca dos negocios importantes; na orde dos cabaleiros designou mozos que, sen perder o dereito a usar o anel de ouro, debían, co nome de evocati (151), prestar servizo militar nas súas localidades
↑Tácito, Hist., III 10,1: Adventu deinde duarum legionum, e quibus tertiam Dillius Aponianus, octavam Numisius Lupus ducebant, ostentare viris et militari vallo Veronam circumdare placuit. forte Galbianae legioni in adversa fronte valli opus cesserat, et visi procul sociorum equites vanam formidinem ut hostes fecere. Tácito. Hist. III, 21,2:is terror obstructas mentis consiliis ducis aperuit. sistere tertiam decimam legionem in ipso viae Postumiae aggere iubet, cui iuncta a laevo septima Galbiana patenti campo stetit, dein septima Claudiana, agresti fossa (ita locus erat) praemunita; dextro octava per apertum limitem, mox tertia densis arbustis intersepta. hic aquilarum signorumque ordo: milites mixti per tenebras, ut fors tulerat; praetorianum vexillum proximum tertianis, cohortes auxiliorum in cornibus, latera ac terga equite circumdata; Sido atque Italicus Suebi cum delectis popularium primori in acie versabantur.
↑A inscrición CIL VI 41271 = CIL VI 31856 = AE 1888, 66: L(ucio) Iulio Veh[il]io Ga[llo(?)] / Iuliano pra[ef(ecto)] pr(aetorio) praef(ecto) / ann(onae) a rationib(us) praef(ecto) c[lassis p]raet(oriae) Misenat(ium) pra[ef(ecto)] / classis praet(oriae) Raven[nat(ium) proc(uratori)] Aug(usti) et praep(osito) vexil[la]/tion(ibus?) tempore belli [Germ(anici) II pr]oc(uratori) Aug(usti) provinc(iae) / Lusit[aniae] et Vetto[niae proc(uratori) A]ug(usti) et praeposi[t(o)] / vexillationis per [Orientem(?)] proc(uratori) Aug(usti) / et praef(ecto) classis Po[nti]ca[e proc(uratori) Aug(usti) e]t pra[ep(osito)] / vexillationis per Achaiam et Macedoniam / et in Hispanias adversus Castabocas et / Mauros rebelles praeposito vexillatio/nibus tempore belli Germanici et Sarmat(ici) / praef(ecto) alae Tampianae praef(ecto) alae Her/culanae trib(uno) cohort(is) primae Ulpiae Pan/noniorum praef(ecto) cohort(is) tertiae August(ae) / Thracum donis militaribus donato ab Impe/[ra]t[o]ribus Antonino et Vero ob victoriam / [belli Parthi]ci item ab Antonino et / [Commodo Augg(ustis) ob vi]ctor(iam) belli Germ[a]nic(i) / [secundi, sinala que Lucio Xulio Vehilio Xuliano foi praepositus vexallitionis contra os mauri, aínda que non indica que tropas tivo ás súas ordes, aínda que parece coherente pensar que entre elas estivesen as de guarnición en Hispania e, particularmente, a VII Gemina.
Palao Vicente, J. J. (2006). Legio VII Gemina (Pia) Felix. estudio de una legión romana(en castelán). Salamanca: Universidad de Salamanca. ISBN978-84-7800-546-8.
Rodríguez González, J. (2003). Historia de las legiones romanas(en castelán). Madrid: Almena Ediciones. ISBN84-96170-02-0.
Rodríguez González, J. (2006). Diccionario de batallas de la historia de Roma (733 a. C. – 476 d. C.)(en castelán). Madrid: Signifer libros. ISBN84-933267-4-7.