Lee Willie Johnson, nado en Plumerville, no condado de Conway (Arcansas), o 16 de xuño de 1957, é un ex xogador de baloncesto norteamericano.
Traxectoria
Johnson xogou na liga universitaria durante catro anos cos East Texas State Lions antes de entrar nos Houston Rockets seleccionado no draft de 1979.
Johnson participou na NBA unha tempada cos Rockets e os Detroit Pistons. Durante a súa carreira Johnson xogou tamén cos Rochester Zeniths na CBA e mais en Italia, Israel e Francia cos Arrigoni Rieti, gañou a Copa Korać da tempada 1979-80. Cos Maccabi Tel Aviv xogou entre 1984 e 1987 e gañou dúas ligas e dúas Copas de Israel. Volveu a Italia para xogar en Livorno e rematou a súa carreira na liga francesa, xogando co Racing de París mais o Olympique Antibes, cos que gañou a liga en 1991.[1]
Notas