Le Pavillon d'Armide é un ballet nun acto e tres escenas coreografado por Michel Fokine e con música de Nikolai Tcherepnin sobre un libreto de Alexandre Benois inspirado na novela de Théophile Gautier Omphale.[1]
Historia
Estrea en San Petersburgo
A obra foi presentada por primeira vez o 25 de novembro de 1907 no Teatro Mariinskii de San Petersburgo, con escenografía e vestiario de Alexandre Benois. Os bailaríns principais foron Anna Pavlova no papel de Armida, Vatslav Nizhinskii como o seu escravo, e Pavel Gerdt como Vicomte René de Beaugency.[2]
Estrea en París
O 19 de maio de 1909, o ballet foi presentado polos Ballets Russes de Sergei Diagilev no Théâtre du Châtelet de París. O papel de Armida foi bailado por Vera Karalli, o Vicomte de Beaugency por Mikhail Mordkin, e o escravo por Nizhinskii.[2][3] Le Pavillon d'Armide foi o primeiro ballet presentado na capital francesa por Diagilev, e o seu éxito debeuse en parte ao tema francés. A tempada 1909 tamén incluíu obras baseadas no folclore ruso que tamén conseguiu a aprobación do público.[4]
A parte de Armida foi tamén interpretada por Tamara Karsavina en 1912.
Unha versión do ballet foi creada en 2009 por John Neumeier e forma parte dun tríptico de obras que adicou á figura de Nizhinskii[5]
Argumento
Le Pavillón d'Armide é unha homenaxe ao século XVIII francés. Durante unha treboada, o vizconde de Beaugency refuxiouse nun misterioso castelo. Pasa a noite nunha estancia na que é extrañamente atraído por un tapiz de Armida. Queda durmido e soña que está namorado dela, e cando pola mañá esperta e volve á realidade, descobre que sostén unha folla de Armida nas súas mans.
Estrutura
O ballet de Tcherepnin está formado polos seguintes números:[2]
- L'introduction et scène première
- Courantes. Danse des heures
- La scène d'animation du Gobelin
- La plainte d'Armide
- Scène: Grand pas d'action (adagio)
- Grande valse noble
- Variation - Allegro - Moderato tranquillo - Vivace - Grave. Maestoso e molto sostenuto
- Danse des gamins
- Danse des confidentes
- Bacchus et les bacchantes
- Danse des ombres
- Danse des bouffons
- Pas d'écharpe
- Pas de deux
- Grande valse finale
A variación que figura co número 7 non está incluído no Grand pas de Paquita.[2]
Notas
- ↑ Wikipedia (ed.). "Texto da novela Omphale" (en francés). Consultado o 19 de outubro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 DanserenFrance (ed.). "Le Pavillon d'Armide" (en francés). Archived from the original on 21 de maio de 2012. Consultado o 19 de outubro de 2014.
- ↑ Egizi, Eleonora. "I Balletti Russi di Djaghilev in Italia" (PDF) (en italiano).
- ↑ Morrison, Simon. "The 'World of Art' and Music," in [Mir iskusstva]: Russia's Age of Elegance. (Omaha, Minneapolis, and Princeton: Palace Editions, 2005), p. 39.
- ↑ Hamburg Ballet (ed.). "John Neumeier" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2011. Consultado o 19 de outubro de 2014.