Le Dernier Trappeur é un filme documental dirixido por Nicolas Vanier que se estreou no 2004.
Sinopse
Norman (Norman Winther), é un dos poucos cazadores con trampas e comerciante de peles que sobreviven na vida salvaxe do Yukón. Un día, o mellor can de Norman (tamén o seu mellor amigo), morre nun accidente na cidade, e ten que ser substituído por unha Husky siberiana chamada Apache, pero debido á súa grande inexperiencia, Norman cre que Apache non será quen de vivir no salvaxe. Grazas a Nebraska (a compañeira de Norman) decide darlle unha oportunidade á cadela, e esa oportunidade sálvalle a vida ó ser rescatado por Apache cando caeu na auga dun lago conxelado.