Lake Placid ([leɪk ˈplæs.ɪd])[1] é unha aldea situada nos montes Adirondack. Pertence ao condado de Essex, no estado de Nova York. Fíxose coñecida internacionalmente por albergar os Xogos Olímpicos de Inverno de 1932, así coma os de 1980. Posúe unha poboación de 2 205 habitantes, segundo datos de 2020.[2]
Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos de América, a aldea abrangue unha área total de 4 km2, dos cales, 3,6 km2 son terra e 0,4 km2, ou 10,79%, son auga. A aldea está situada preto do extremo meridional do lago homónimo.