San Martiño de Laiosa é unha parroquia do concello lucense do Incio, pertencente ó arciprestado do Incio. En 2008 tiña 119 habitantes (57 homes e 62 mulleres), cunha densidade de 12,8 hab./km², o que supón un descenso en relación a 1991 cando tiña 184 habitantes.
Linda ó norte coas parroquias de Eirexalba e Vilasouto (concello do Incio), polo oeste con Guntín e Tuimil (concello de Bóveda), polo leste con Óutara e Canedo (concello da Pobra do Brollón) e polo sur con Freituxe (concello de Bóveda), Guntín e Canedo.
Historia
Nun documento de 1501 menciónase a parroquia cando Fernando do Pozo e o seu fillo, moradores do coto de Laiosa, ceden as herdades que posuían en Santa María Madalena de Sarria.
É a capital do vizcondado de Laiosa, creado en 1632 e cuxo título ostentou primeiro Alonso de Lanzós Novoa dás Seijas e Andrade e logo Margarita de Somoza e Saavedra e Gonzalo Sánchez de Somoza.
Lugares e parroquias
Lugares de Laiosa
Parroquias do Incio
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas