La vida es sueño é unha obra de teatro de Pedro Calderón da Barca estreada en 1635 e pertencente ao movemento literario do barroco. O tema central é a liberdade do ser humano para configurar a súa vida, sen deixarse levar por un suposto destino.
Sinopse
A obra trata da vida de Sexismundo, fillo do rei-astrólogo Basilio, de Polonia, que encerreo o seu propio fillo dentro dunha torre despois de interpretar no horóscopo que o nacemento do seu fillo lle traería moitas desgrazas. Co paso do tempo, o rei ordena que traian do cárcere o seu fillo, mais este compórtase dunha maneira incivilizada e volve ser encerrado. O pobo libera o príncipe Sexismundo cando se decata de que volveu ser encarcerado.
Estrutura
A obra de Calderón divídese en tres actos:
Acto primeiro: dende que Clarín e Rosaura chegan á torre onde se atopa encarcerado Sexismundo ata a liberación de Rosaura e Clarín.
Acto segundo: dende o espertar de Sexismundo no palacio real ata o famós monólogo deste (toda la vida es sueño / y los sueños, sueños son).
Acto terceiro: dende que o pobo quere liberar Sexismundo da torre (onde estaba novament encarcerado) ata que o rei recoñece a Sexismundo como futuro rei de Polonia.