La Nueva Época foi un periódico editado en Ourense entre 1895 e 1900.[1] Posteriormente, tivo unha segunda época entre 1900 e 1901.
Historia e características
Subtitulado Diario católico de Orense, apareceu en 1895. Fundado por Luís Madriñán Megid. De tendencia católica, era simpatizante de Francisco Silvela.[1] Entre os seus colaboradores estaban Ramón Plasencia Ruibal, Antonio Rey Soto, César Abellás Vázquez, Basilio Álvarez[1] e Juan de Dios Blas Martín. Non se conservan exemplares.[1]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas