La Lucha (A Pobra do Caramiñal)

La Lucha

Editar o valor en Wikidata
Fundación1 de maio de 1932
Remata1933
Lingualingua castelá
LocalidadeA Pobra do Caramiñal
Descrito porGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal
editar datos en Wikidata ]

La Lucha foi un periódico publicado na Pobra do Caramiñal entre 1932 e 1933.

Historia e características

Subtitulado Órgano quincenal defensor de las entidades afectas al Partido Socialista y a la U. G. de T., apareceu o 1 de maio de 1932. Converteuse en semanario a partir do número 9. O seu director era Manuel Venerando Porteiro, presidente da Agrupación Socialista local, que foi substituído por Antonio Domínguez Fontán, secretario da Agrupación e dirixente do Sindicato de Oficios Varios La Unión Obrera (UGT). Nas páxinas de Ribeira incluíu colaboracións de Ramón Beade Méndez, Manuel Moure Gómez, Bautista M. Lemiña (a principios de 1933 abandonou esta cabeceira por La Coraza de Ribeira, baixo as críticas dos seus correlixionarios) e os mozos da Juventud Cultural Republicana (Julio Silva, Agustín F. Oujo, Ramón Rivas). Nas de Boiro, Juanito Somoza, Jesús Gallardo, Guillermo Santamaría e Teresa M. del Río. Na sección da Pobra apareceron as sinaturas de Porteiro, Domínguez, Tomás Moro (un pseudónimo) e Carmen Parada. Cesou a súa publicación en 1933.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas