La Libertad (Betanzos)

La Libertad

Editar o valor en Wikidata
Fundación1886
Remata1886
Lingualingua castelá
LocalidadeBetanzos
Descrito porGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal
editar datos en Wikidata ]

La Libertad foi un periódico editado en Betanzos en 1886.

Traxectoria

Apareceu o 1 de maio de 1886. Bisemanario republicano que saía os mércores e os sábados. Creado e dirixido por Roque Ponte. Entre os seus colaboradores figurou Fernando García Acuña. Imprimíase nos obradoiros tipográficos de Ángel Amenedo Ponte. Publicou unha "galería de hombres ilustres de Betanzos" obra do erudito local Jesualdo Martínez Santiso. Inseriu tamén unha obra novelística de ambiente galego en forma de folletín.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas