La Digue é a cuarta illa habitada máis grande de Seychelles. Ten un superficie de 10 km². Está situada ao Leste de Praslin e ao oeste de Illa Felicité. Ten unha poboación de preto de 2.000 persoas que vive, sobre todo, nas aldeas da costa oeste: La Passe (enlazada por transbordador con Praslin e Mahé) e La Reunión.
La Digue debe o seu nome a unha nave da frota do explorador francés Marc-Joseph Marion du Fresne, que visitou as Seychelles en 1768.
O turismo é a principal actividade económica da illa, coñecida polas súas praias, especialmente Anse Source d'Argent. En épocas anteriores a produción de copra e de vainilla foi a principal actividade económica local, que se poden coñecer no museo da illa.
No interior da illa háxase a Reserva Natural de Veuve, fogar do raro atrapamoscas negro do paraíso, cunha reducida poboación de preto de 100 exemplares.
O pico máis alto da Digue está tamén na parte central da illa, o Belle Vue (Eagle's Nest Mtn) con 300 metros de altura.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas