Kōka (甲賀市, こうかし, Kōka-shi) é un concello xaponés da prefectura de Shiga. Está situado ao sur da prefectura, ao leste da rexión de Kinki e no centro-oeste da illa de Honshu. A súa superficie é de 481,69 km², a poboación é de 89.202 habitantes (2019) e ten unha densidade de poboación de 195 hab./km².
Kōka ou máis común Kōga é moi coñecido como a terra dos ninjas e como a terra veciña de Iga no Xapón.
Historia
A cidade de Kōka foi fundada pola fusión de 5 concellos de vilas do distrito de Kōka (Minakuchi, Kōnan, Kōka, Tsuchiyama e Shigaraki) o 1 de outubro de 2004.
Turismo e lugares de interese
Casa antiga dos ninjas de Kōka (甲賀流忍術屋敷, Casa antiga de Mochiduki Izumo-no-kami) - Única casa de ninjas conservada no Xapón.