Kylie Kristen Jenner, nada o 10 de agosto de 1997, é unha personalidade de televisión, modelo e empresaria estadounidense. Dende 2007, protagoniza o programa de telerrealidade Keeping Up with the Kardashians. O seu éxito levouna a ela e á súa familia a alcanzar a fama mundial.[1][2]. En xullo de 2018 Forbes nomeouna a millonaria por mérito propio máis nova, contando cunha fortuna de máis de 900 millóns de dólares.
Familia
O seu pai é o medallista olímpico Bruce Jenner, agora Caitlyn Jenner despois do seu cambio de sexo, e a súa nai é Kris Houghton, quen padeceu diabetes estando embarazada dela. Ten unha irmá máis vella, Kendall e catro medio-irmáns do primeiro matrimonio da súa nai, (Kourtney, Kim, Khloé e Rob).
Kendall estivo nunha relación co cantante de rap, Tyga. Na actualidade está nunha relación co tamén rapeiro Travis Scott dende 2017. Produto desa relación naceu a súa primeira filla, Stormi Webster en 2018.
Notas