Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Komsomolsk-na-Amure (en ruso: Комсомольск-на-Амуре) é unha cidade do krai de Khabarovsk, en Rusia, que se atopa na beira esquerda do río Amur no Extremo Oriente ruso. Atópase a 356 km ó nordeste de Khabarovsk. Segundo o censo de 2010, ten unha poboación de 263 906.
Historia
En chinés, a cidade é tamén coñecida como 瓦伦. O territorio orixinal da súa localización formou parte dunha rexión da China Imperial, a rexión na que se constitúe a cidade caeu no seo da Rusia Imperial a partir da sinatura do Tratado de Aigun en 1858.
A cidade foi fundada en 1932 e converteuse, baixo a dirección da Mocidade Comunista Komsomol nun importante centro industrial.