Koili Devi Mathema, nada como Radha Basnet en Chisapani Gadi ca. 1929 e finada en Kathmandú o 21 de decembro de 2007, foi unha cantante e compositora nepalí.
Traxectoria
Filla de Nilam e Rambahadur Basnet naceu nunha pequena localidade do distrito de Makwanpur. Quedou orfa de nai con só un ano de idade e con cinco foi vivir cunta tía paterna. Cando tiña once anos, coa axuda da súa tía, entrou no palacio do primeiro ministro Singh Sumsher como axudante. Sumsher deulle o sobrenome koili despois de escoitar a súa voz melodiosa, e ela adoptou o nome [1].
Adoitaba cantar e bailar no palacio de Singha Durbar pero tras a revolución de 1951 que derrocou á dinastía Rana como primeiros ministros hereditarios comezou unha carreira como cantante pola súa conta, foi a primeira muller[2] en entrar na industria musical nepalí e fíxose coñecida como cantante, e a primeira compositora[1], de Radio Nepal, que emitiu a súa primeira canción, "Sansarko jhamela lagdacha kya yo mela", e onde traballou durante 44 anos. Compuxo e cantou máis de 4.000 temas[3], incluíndo cancións modernas e patrióticas. Gravou o seu primeiro álbum Chitta Nirantar con 71 anos e o segundo, Hajurali, con 74[1].
Recibiu numerosos premios nacionais, como o premio á mellor cantante de Radio Nepal, o Subha Rayabhisek Padak, o Gorkha Dakshin Bahu V ou o Chinnalata. Entre as súas cancións máis populares están "Jahi ra juhi phul mala gansi duwaile launla" e "Jindagi bhari nachuttine gari saino jodaunla" [3].
Notas