Kitesurfing, kiteboarding ou flysurfing, é un novo deporte que atrae a deportistas de varias disciplinas, winsurfistas, surfistas, wakeboaers ou pilotos de parapentes que encontran neste deporte a emoción alternativa de xuntar o ceo coa auga.
Equipamento
O material preciso para a práctica do kitesurf consiste nun papavento, unha barra de control, un xogo de liñas, unha táboa e un arnés.
Tipos
Hai dous tipos de papaventos:
As foils, que non son inflábeis e úsanse máis en terra xa sexa un buggy ou un montainboard, xa que son moi difíces de remontar desde a auga.
As inflábeis son as máis usadas nestes momentos, xa que son máis rápidas de remontar desde a auga e facilitan mellores saltos.