Kimiya Yui, nado en Nagano (Xapón) o 30 de xaneiro de 1970, é un astronauta xaponés que formou parte da misión Soiuz TMA-17M e foi membro das expedicións 44 e 45 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
Yui graduouse na escola de ciencia e enxeñaría da Academia de Defensa Nacional do Xapón en 1992, sendo seleccionado como candidato a astronauta pola JAXA en febreiro de 2009, completando o seu adestramento en xullo de 2011. Participou na misión Soiuz TMA-17M e foi membro das expedicións 44 e 45 á Estación Espacial Internacional, pasando un total de 141,67 días no espazo.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos