Khyri Jaquan Thomas, nado o 8 de maio de 1996 en Omaha, Nebrasca, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Petkim Spor turco.
Traxectoria profesional
O 21 de xuño de 2018, Thomas foi escollido na 38ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Philadelphia 76ers, e foi traspasado ós Detroit Pistons a cambio de dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.[1] Thomas debutou na NBA o 9 de novembro de 2018 contra os Atlanta Hawks.[2] O 20 de novembro de 2020, Thomas e Tony Snell foron traspasados ós Atlanta Hawks a cambio de Dewayne Dedmon.[3]
O 7 de maio de 2021, asinou un contrato de dez días cos Houston Rockets.[4] O 14 de maio de 2021, asinou un contrato multianual cos Rockets,[5] pero foi cortado o 6 de outubro de 2021.[6]
O 24 de novembro de 2021, Thomas asinou ata final de tempada co Bilbao Basket da Liga ACB, para suplir a baixa do mancado Andrew Goudelock.[7]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|