Kerema é a capital da provincia do Golfo, Papúa Nova Guinea, situada na costa do Golfo de Papúa. No ano 2000 tiña unha poboación de 5.116 habitantes. A provincia fai honra ao seu nome cunha paisaxe de costa con grandes deltas dos ríos que chegan das serras do norte.
Fálanse máis de 20 linguas na provincia. Entre as que podemos oír en Kerama están o toaripi, o kakiae, o opao, o keuru ou o tairuma[1].
James Chalmers, ou 'Tamate', como o chamaron os habitantes en toaripi, foi o primeiro home branco que chegou á provincia. Chegou a Iokea en 1885.