Kenneth Lamont "Kent" Bazemore, Jr., nado o 1 de xuño de 1989 en Kelford, Carolina do Norte, é un xogador americano de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional
Despois de non ser elixido no Draft da NBA de 2012, Bazemore uniuse ós Oklahoma City Thunder para a Liga de Verán de Orlando, e ós Golden State Warriors para a Liga de Verán de Las Vegas. O 26 de xullo de 2012, Bazemore asinou un contrato cos Warriors.[1] Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado varias veces ós Santa Cruz Warriors, afiliado de Golden State na NBA Development League.
O 19 de febreiro de 2014, Bazemore foi traspasado xunto a MarShon Brooks ós Los Angeles Lakers a cambio de Steve Blake.[2]
O 23 de setembro de 2014, Bazemore asinou cos Atlanta Hawks.[3]
O 24 de xuño de 2019, Bazemore foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio de Evan Turner.[4]
O 20 de xaneiro de 2020, Bazemore foi traspasado xunto a Anthony Tolliver e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós Sacramento Kings, a cambio de Trevor Ariza, Wenyen Gabriel e Caleb Swanigan.[5]
O 23 de novembro de 2020, Bazemore asinou cos Golden State Warriors.[6]
O 6 de agosto de 2021, Bazemore asinou de novo cos Los Angeles Lakers.[7]
O 21 de setembro de 2022, Bazemore asinou cos Sacramento Kings,[8] pero foi cortado o 13 de outubro de 2022.[9]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas