Kenneth Dwane 'Sox' Bowersox, nado en Portsmouth, Virxinia o 14 de novembro de 1956, é un astronauta estadounidense retirado que participou nas misións STS-50, STS-61, STS-73, STS-82 e STS-113 e que volveu dunha das misións na Soiuz TMA-1. Pasou un total de 211,59 días no espazo.
Traxectoria
Gradouse en enxeñaría aeroespacial na Academia Naval dos Estados Unidos en 1978 e obtivo un máster de ciencias en enxeñaría mecánica pola Universidade de Columbia en 1979.
Foi seleccionado pola NASA en xuño de 1987 e pasou un ano de adestramento e avaliación.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas