Keith Gerard Mallinson Wood, nado o 27 de xaneiro de 1972 en Killaloe, no Condado de Clare (Irlanda), é un xogador de rugby retirado en 2003. Xogou na posición de talonador, e defendeu as cores de Garryowen, Harlequins e Munster. Foi internacional con Irlanda en 58 encontros, e representou ós British and Irish Lions nas xiras de 1997 e 2001.
En 2001 foi elixido Xogador Internacional do Ano pola IRB, o máximo premio individual que pode recibir un xogador de rugby en activo. Despois de retirarse en 2003, Brian O'Driscoll herdou del a capitanía na selección irlandesa. Só dous anos despois da retirada, en 2005 Keith Wood foi elixido para ocupar unha praza no International Rugby Hall of Fame.
Actualmente adícase ó xornalismo deportivo para medios como a BBC e o Daily Telegraph. O seu rexistro de 15 ensaios segue a ser o récord de ensaios anotados por un talonador en encontros internacionais.
Traxectoria
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- 1 2 Keith Wood en Sporting-Heroes. (en inglés)
Salón da Fama do Rugby Internacional |
---|
1997 | |
---|
1999 | |
---|
2001 | |
---|
2003 | |
---|
2005 | |
---|
2007 | |
---|