Katharine Burr Blodgett, nada en Schenectady, Nova York, o 10 de xaneiro de 1898 e finada na mesma cidade o 12 de outubro de 1979, foi unha física e inventora estadounidense, pioneira en enxeñaría e química de superficies, e a primeira muller doutora en Física pola Universidade de Cambridge en 1926.[1][2] Despois de recibir o seu título de máster foi contratada por General Electric, sendo a primeira muller que traballou no laboratorio de Schenectady, onde desenvolveu unha gran carreira científica.[3][4]
Ao longo da súa carreira obtivo varias patentes, sendo coñecida principalmente por idear o cristal non reflector. O seu invento utilízase agora en cámaras, telescopios, parabrisas, computadores e pantallas de televisión.[5]
Premios e recoñecementos
- Medalla Progress da Photographic Society of America, foi a primeira muller en recibilo.[1][4]
- Achievement Award of the American Association of University Women.
- Outstanding Woman of the Year. American Woman Magazine.
- Medalla Garvan-Olin da American Chemical Society.
- Doutoramentos honorarios: Elmira College, Western College, Brown University, Russell Sage College.
- American Physical Society Fellow.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.
Outros artigos